Descargar Libros y Ebooks (PDF / EPUB)

La mejor selección de ebooks gratis en español

Busca tu ebook....

Hemos encontrado un total de 37 libros disponibles para descargar
Á Marxe, 1993. Obra xornalística II

Á Marxe, 1993. Obra xornalística II

Autor: Carlos Casares

Número de Páginas: 298

Poucos escritores lograron como el tal grao de precisión, talento, eficacia, orixinalidade e vontade de estilo coma o autor destas columnas, cita obrigada de miles de lectores que durante anos comezaban a xornada engaiolados no discurso intelixente dos seus textos. Os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario personal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. A obra dun escritor coma Casares merece ser considerada non como un conxunto de títulos illados senón coma unha proposta dinámica, instalada no discurso xeral no tempo que lle tocou vivir. Coma unha novela aberta, as columnas de "Á Marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

O meu pesadelo favorito

O meu pesadelo favorito

Autor: María Solar

Número de Páginas: 86

Premio Lazarillo. 2014 White Ravens. 2015 Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil 2015 Premio Libro do Ano na Gala do Libro Galego 2016 Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo.

Estudos atuais de lingüística galego-portuguesa

Estudos atuais de lingüística galego-portuguesa

Autor: Ma Aldina Marques E Xosé Manuel Sánchez Rei (eds.)

Número de Páginas: 332

Laiovento tem o prazer de apresentar ao público leitor esta criteriosa seleção de trabalhos elaborados por investigadores vinculados à Área de Filologia Galega e Portuguesa da Universidade da Corunha e ao Departamento de Estudos Portugueses e Lusófonos da Universidade do Minho. Os contributos aqui incluídos exemplificam com acerto algumas das linhas pesquisadoras presentemente em andamento nas duas instituições, ao passo que também servem para darem conta das frutíferas relações académicas que há entre ambos os organismos. Outrossim, Laiovento aspira com este livro a aprofundar num melhor conhecimento do sistema linguístico galego-português, ânsia que tem sido um dos alicerces da editora desde a sua fundação em 1990.

Contos a carón da lareira

Contos a carón da lareira

Autor: David Vázquez , Davidvazquez

Número de Páginas: 262

Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o día seguinte. A carón do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite. Entre grolos de viño e cuncas de café con chicoria, xurdían as historias máis recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicións, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de rematar pero viva nas lembranzas. Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atención, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaría prender no sono... aínda así ficaron gravadas na nosa memoria. Un día, alá polos catorce ou quince anos, decidín ilas contando nas follas dalgúns cadernos. Levou varios anos a tarefa, xa que non lle dedicaba o tempo suficiente, e ficaron entre durmidas e espertas agardando que algún día as sacase do esquecemento. Como a todo, chegoulle a hora, coa soa intención de revivir...

Luar no inferno

Luar no inferno

Autor: Miguel Anxo Fernández

Número de Páginas: 155

Logo do éxito de Un nicho para Marilyn, Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de contar historias.

Cumes Torboentos

Cumes Torboentos

Autor: Emily Brontë

Número de Páginas: 306

“Wuthering Heights”” ou “Cumes Torboentos”, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, “Cumes Torboentos” non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas...

Á marxe, 1997. Obra xornalística VI

Á marxe, 1997. Obra xornalística VI

Autor: Carlos Casares

Número de Páginas: 314

Diálogo constante, cita obrigada e cotiá cos lectores, os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. Como unha novela aberta, as columnas de "Á marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

Á marxe, 1994. Obra xornalística III

Á marxe, 1994. Obra xornalística III

Autor: Carlos Casares

Número de Páginas: 323

Poucos escritores lograron como el tal grao de precisión, talento, eficacia, orixinalidade e vontade de estilo coma o autor destas columnas, cita obrigada de miles de lectores que durante anos comezaban a xornada engaiolados no discurso intelixente dos seus textos. Os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario personal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. A obra dun escritor coma Casares merece ser considerada non como un conxunto de títulos illados, senón coma unha proposta dinámica, instalada no discurso xeral no tempo que lle tocou vivir. Coma unha novela aberta, as columnas de "Á Marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

Poesía gallega contemporánea

Poesía gallega contemporánea

Autor: Luciano Rodríguez , Antonio Jiménez Millán

Número de Páginas: 254
Á marxe, 1996. Obra xornalística V

Á marxe, 1996. Obra xornalística V

Autor: Carlos Casares

Número de Páginas: 301

Diálogo constante, cita obrigada e cotiá cos lectores, os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. Como unha novela aberta, as columnas de "Á marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

Laura no deserto

Laura no deserto

Autor: Antón Riveiro Coello

Número de Páginas: 775

A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.

Bícame, Frank

Bícame, Frank

Autor: Miguel Anxo Fernández

Número de Páginas: 155

Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego.

Permanencia

Permanencia

Autor: Castillo Suárez

Número de Páginas: 74

“Tratado de botánica do amor, que versa sobre as diferentes especies que resisten as perdas e desastres de todo tipo, porque son primitivas, ou sobre as especies invasoras que se apoderan do noso corazón e non atopamos o modo axeitado de destruílas. Unhas, resistentes, e outras, invasoras, tentan sobrevivir nunha paraxe que é abrupta e boscosa, fermosa e crúa ao mesmo tempo”. Isaac Xubín

O libro do poder

O libro do poder

Autor: Xohán Xabier Baldomir

Número de Páginas: 267

Un máxico mundo paralelo. Un emperador tirano que derrotar. Unha terra que liberar dentro da realidade en que viven os mitos. Un par de adolescentes honestos que descubrirán a verdade. Unha esperanza. Un libro. O libro do poder.

Ekhi

Ekhi

Autor: Maite García Igor Del Barrio

Número de Páginas: 167

Una madre comienza a escribir un diario tras celebrar el primer cumpleaños de su hijo, Ekhi. A los pocos días, el niño cae súbitamente enfermo. El diario se convertirá en el testigo de un viaje a través de la esperanza y el dolor en busca de sentido. "Ekhi. Siguiendo tu estrella" es una historia sobre la aceptación y la oportunidad de crecimiento que nos brindan los grandes retos que a veces nos impone la vida.

Detectivo tolo. Detectivo divertido

Detectivo tolo. Detectivo divertido

Autor: СтаВл Зосимов Премудрословски

Número de Páginas: 386

En Inglaterra hai un detective, Sherlock Holmes e o doutor Watson; En Europa – Hercule Poirot e Hastings; nos EUA, Niro Wolfe e Archie Goodwin.E aquí, os rusos, este é o xeneral de distrito Klop e o seu desagradable axudante, corporal, Incifalapat.Xuntos non se verán, pero isto non lles impide investigar casos penais...Putin gustou esta novela.# Todos os dereitos reservados

Tres vidas

Tres vidas

Autor: Gertrude Stein

Número de Páginas: 232

"Esta novela é ante todo a descuberta dunha nova linguaxe, dun "tempo" fantástico do relate que tende a se converter no argumeto mesmo do relato, límite espiritual dunha máxica e inmóbil realidade cotiá". Así descrebe o escritor Cesare Pavese, o seu tradutor e editor en Italia a obra de Gertrude Stein. A escritora norteámericana é unha das grandes innovadoras da narrativa do século XX e precursora da literatura escrita por mulleres. En Tres vidas achégase á realidade de tres mulleres traballadoras a través dun estilo insistente, un boacvulario voluntariamente limitado e unha dicción envolvente, que reduce ao mínimo a distancia entre autora, personaxes e lectores.

Un último destino

Un último destino

Autor: Xosé Carlos Caneiro

Número de Páginas: 393

Elisardo Buenaventura regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequilibrado por amor, e o seu avó, un filántropo de imaxinación portentosa. Nese territorio ficcional, que acolle o universo literario do autor, Un último destino introduce os lectores nunha atmosfera envolvente, facéndoos sentir seres á marxe da realidade, habitantes dun universo insólito, dun mundo paralelo no que unha tribo de personaxes procuran permanentemente a felicidade.

Pegadas nun labirinto baleiro

Pegadas nun labirinto baleiro

Autor: Xosé Manuel García López

Número de Páginas: 341

Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación máis estraña da súa vida: nos montes da vila de Lenzo van aparecendo uns corpos que se afastan do aspecto dos cadáveres deixados por un asasino convencional. Os corpos están transformados, convertido nas trazas doutra cousa, de algo que non se pode definir. É como se os cadáveres fosen o soporte onde o asasino plasma a súa arte. Xa en Lenzo Amador comeza as investigacións. Para el semella todo diferente; é un home de cidade, non se afai á vila. Asígnanlle unha compañeira compostelá, María. Entre eles comeza a xerar a rivalidade e mesmo o odio. Pero as pescudas lévano a actuar só, coa mente chea de confusión, case que nos lindeiros da tolemia, mais é quen de comprender que a posibilidade de resolución do caso se está a converter nunha solitaria oportunidade para a redención polo dano que fixo, por todas ...

Feitizo de sangue

Feitizo de sangue

Autor: Sabela González

Número de Páginas: 198

En Svörie, a illa dos sabios, descubrián os segredos da súa montaña, do seu poder e, tamén, de como o pasado uniu o destino dos Gheiroez e do malvado Wiasmau Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto.

Entre Donas

Entre Donas

Autor: Varias Autoras

Número de Páginas: 207

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero. [...] Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos...

Una patria allá lejos en el pasado

Una patria allá lejos en el pasado

Autor: César Andrés Núñez , Câesar Andrâes Nâuänez

Número de Páginas: 474

Las historias e invenciones de Félix Muriel, de Rafael Dieste, se publicaron en Buenos Aires en 1943 y, ya entonces, pudo causar cierta sorpresa el hecho de que su autor, exiliado republicano, no se refiriera en ellas a la reciente guerra de España ni a sus consecuencias. Sin embargo, de modo subrepticio, la política estructura el texto y contribuye a construir la problemática unidad del libro -un libro que muchos llamaron "obra maestra" y que José Ramón Marra-López ha situado "al margen de toda posible clasificación". No para clasificarlo, sino para entender esa "marginalidad" y los motivos de su encanto está escrito este estudio, el primero dedicado en extenso específicamente al volumen y el primero que contempla con detenimiento el manuscrito autógrafo.

A vida nova de Madame Bovary

A vida nova de Madame Bovary

Autor: Xosé Carlos Caneiro

Número de Páginas: 730

A vida nova de Madame Bovary conta a historia de Hermelinda que, enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para se refuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo. Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar o intenso aluvión de historias que asolaga a novela. Un festín esperpéntico, unha obra narrativa que desmitifica o fracaso ao tempo que ergue un poderoso mundo ficcional, cheo de paixón literaria, pulo vital, humor e sensibilidade.

A paixón de Carolina Otero

A paixón de Carolina Otero

Autor: Ramón Chao , Ramón Chao Rego

Número de Páginas: 260

Velaquí o relato novelado da vida de Carolina Otero, a galega que triunfou nos escenarios de París cando esta era a capital cultural do mundo. A artista de Valga lembra a súa infancia en Galicia, dos azarosos episodios do itinerario (Lisboa, Barcelona, Madrid) que precederon a súa chegada a París, sempre perseguindo o seu soño imposible, a súa auténtica paixón: converterse nunha afamada cantante de ópera.

Ártico 2.0

Ártico 2.0

Autor: Xavier Queipo

Número de Páginas: 166

Para celebrar o vixésimo aniversario da publicación do seu primeiro libro, Xavier Queipo presenta Ártico 2.0. A pegada do mar e dos océanos xeados é unha constante na narrativa de Queipo, que experimenta coa escritura baixo a sombra tutelar de Borges e Jack London, de Conrad e Francisco Coloane. Libro de libros e de océanos, relatos de viaxe, ficcións que descobren personaxes e historias ignotos, mundos polo de agora inexplorados.

Volframio, música e profecías

Volframio, música e profecías

Autor: Marcelino Salgueiro Rodríguez

Número de Páginas: 390

Situada na segunda metade do século XX, esta ficción intenta recuperar ditos, proverbios, cantigas, costumes e lendas galegas, con descripcións de fauna e flora, repasando feitos socioeconómicos, culturais e políticos ocurridos neste periodo, con sorprendentes reviravoltas de sucedidos que xa se daban por certos.

Tantos anos de silencio

Tantos anos de silencio

Autor: Francisco Castro

Número de Páginas: 165

Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento. O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.

O viaxeiro astral

O viaxeiro astral

Autor: Jack London

Número de Páginas: 346

Desde as súas primeiras obras, Jack London (San Francisco, 1876-Glen Ellen, California, 1916) foi un dos escritores máis populares dos Estados Unidos, sona que logo se había estender a todo o mundo co éxito da súa novela A chamada da selva. No ano 1915, ao final da súa vida, publica O viaxeiro astral, novela na que se describe a brutalidade do confinamento carcerario. Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único xeito de aturar as torturas ás que son sometidos os presos. O pensamento fantástico convértese dese xeito no vehículo idóneo para denunciar a hipocrisía e as desigualdades sociais cunha prosa narrativa que amosa toda a forza estilística de London xunto á súa gran capacidade para fabular o mundo.

Diálogos imposíbeis

Diálogos imposíbeis

Autor: Lupe Gómez Arto

Número de Páginas: 252

Músicas doutro tempo chegan aos meus oídos, e xa non oio nada. Gústame a palabra ABANDONO, escrita con letras grandes, aínda que hai cousas e persoas ás que eu nunca abandonaría. A terra está escrita dentro das palabras. Mentres escribía os “diálogos imposíbeis” acordeime moito de Valle-Inclán, como se el fose unha sombra inexplicábel. Hai cousas que nunca aconteceron, palabras abandonadas, restos de naufraxios, roupas vellas, xoguetes difíciles. Os soños máis absurdos están feitos con tinta dun bolígrafo abandonado nalgún lugar deste barrio tan divertido.

Anagnórise

Anagnórise

Autor: María Victoria Moreno

Número de Páginas: 130

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

A fuxida

A fuxida

Autor: Cristina Rey

Número de Páginas: 134

Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social, o abuso de poder, a familia ou a amizade. É unha novela de protagonismo feminino que incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes”, ao que engadimos que é unha alegación contra o racismo.

Groenlandia

Groenlandia

Autor: Fran Fernández Davila

Número de Páginas: 183

Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o coidou, vese envolto nunha aventura chea de humor e intriga. Os Azores, as súas paisaxes paradisíacas e o submundo volcánico e violento das súas bases son os protagonistas dunha novela que combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras. Unha obra “plena e orixinal onde se corcose un mosaico literario de perfecto encaixe”.

Só os mortos soterran os seus mortos

Só os mortos soterran os seus mortos

Autor: Arturo Lezcano

Número de Páginas: 136

Só os mortos soterran os seus mortos inclúe unha ducia de contos fantásticos, algúns dos cales se inscriben nunha tradición de terror que ten as súas raíces tanto en Poe e Lovecraft como na propia literatura galega, cos que Arturo Lezcano continúa o labor emprendido hai anos con Os dados de Deus.

Últimos libros y autores buscados