
A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes. Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións.Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce ...
Un máxico mundo paralelo. Un emperador tirano que derrotar. Unha terra que liberar dentro da realidade en que viven os mitos. Un par de adolescentes honestos que descubrirán a verdade. Unha esperanza. Un libro. O libro do poder.
A presente novela, froito tamén das súas experiencias como emigrante en Venezuela pódese dicir que é un referente necesario para comprender a evolución daquel país na década dos años sesenta e o comezo da democracia despois da caída de Marcos Pérez Jiménez o 23 de Xaneiro do ano 1958, momentos dramáticos vividos polo protagonista. É a historia dun emigrante galego a finais dos anos cincuenta que vive aqueles cambios: As primeiras eleccións democráticas gañadas por Rómulo Betancourt, primeiro presidente elixido; un político avezado e tenaz que logrou rematar o seu mandato sorteando golpes de Estado da dereita do exercito e tamén da esquerda da mesma institución. Loitou contra a guerrilla urbana e rural, apoiadas por Fidel Castro que trataba de cambiar as cousas. Todo isto é narrado por un espectador neutral que foi testemuña de aqueles acontecementos.
Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios. Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender. Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique. Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade. Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizado, diñeiro, poder, egoísmo. Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.
Esta colección fala da vida das capas máis baixas da poboación da Rusia poderosa, incompleta e recursiva.Pero as persoas sen fogar rusas non están desanimadas e atopan alegría en todo.Non hai política, só hai unha vida sinxela destes desgraciados. Son a alma de Rusia, un mundo paralelo e parcial está aberto a todos.Ler e gozar, pero non te pegues. Esta novela gustoulle a Donald Trump...# Todos os dereitos reservados
Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo “pan” e o substantivo “drama”, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se refire a unha epidemia global. O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos os dramas entran no mundo. O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.
Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente política e apaixonante historia de amor, tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos a vibración do noso ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, Ballesteros sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta edición, ao coidado de M. Castelao Mexuto, restaura o texto orixinal e suxire unha orde de lectura alternativa que torna un texto considerado difícil nunha fascinante recreación do mundo estudantil compostelano nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e da súa loita por mudar a vida.
Libro que recoge artículos sobre investigación en el área de la educación musical, sobre musicoterapia, la influencia de la música en la sociedad actual, nuevas metodologías aplicadas al área de educación y educación, valores y TIC porque la música lo abarca todo. Es un libro en el que han colaborado autores tan importantes como: Juan Rafael Muñoz, Pablo Mazuecos, Virginia Sánchez, Antonio J. Calvillo, Marco Antonio de la Ossa y un largo etc. El editor y director de la obra fue Mauricio Rodríguez.
19 cuentos, 15 lenguas. Federico García Lorca en la lengua de los gitanos. Clarín en asturiano. Rosalía de Castro en gallego. Blasco Ibáñez en valenciano. Ahijados del demonio en Navarra y lamias de Bizkaia. La Blancanieves mallorquina, el origen del Sant Jordi catalán o los “pitufos” de Andorra. Señoras leonesas rezando al general Prim. La maldición de un árbol de Portugal. Rosario de Acuña poniendo a nuestro país frente a un espejo. Carmen de Burgos gritando desde el pasado que las mujeres arrastran cadenas dobles. Una grulla extremeña inventora. Hechiceras cántabras convertidas en economistas sin ir a la escuela. Borriquitos -y obispos- aficionados al vino. Gigantes araneses que desafían imperios. Niñas que nos aterran en aragonés. Descubrir que en Tabarca se hablaba en genovés. Te proponemos un juego. Recorramos juntos la península ibérica con los ojos de un niño o de una niña. El tacto de la tierra mojada donde fuiste tan feliz aquel verano. El olor de la fideuà de la iaia. La voz de pai leyendo ese conto que tanto te gustaba. Pocas cosas evocan más la infancia, ¿verdad? Nos harán de guías escritores y escritoras vinculados a la cultura o al...
«Ao longo da miña infancia e adolescencia tiña en mente sempre escribir un libro que falase das persoas que vivían daquela ao meu redor. Este é, en parte, ese libro. Iso si, só en parte, porque a memoria é lábil e porque os libros que se toman da realidade non son a miúdo senón tenues faíscas e estelas de canto vimos e ouvimos». Léxico familiar é o libro de Natalia Ginzburg que maiores e máis duradeiras reflexións ten provocado na crítica e nos lectores. A chave desta novela extraordinaria trázase xa no título. Primeiro «familiar», porque narra a historia dunha familia xudía e antifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta do século pasado. E «léxico», porque os camiños da memoria pasan a través da lembranza de frases, maneiras de dicir, expresións particulares. Escribe Ginzburg: «Nós eramos cinco irmáns. Agora vivimos en cidades distintas, algúns están no estranxeiro e non nos carteamos con frecuencia. Cando nos atopamos, podémonos mostrar uns cos outros indiferentes ou distantes. Pero abonda, entre nós, unha palabra. Abonda unha palabra, unha frase, unha daquelas frases antigas, ouvidas e repetidas infindas veces na época...
Si desafinas, perderás credibilidad. Si desafinas, perderás credibilidad.
“Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis enfáticamente. ¡NON!”. O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James Connolly no Worker’s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámase a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso. Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran 1.351 compatriotas seus. James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados, Cristian é...
Quen foi realmente Xesús de Nazaret? Desvelando séculos de opacidade e escurantismo, este libro ofrece unha resposta clara e precisa. Através da análise rigorosa das fontes e da consulta e estudio dos máis prestixiosos especialistas, coñecemos as complexas relacións sociais do seu tempo (coa resistencia xudía á dominación romana como pano de fondo); o nacemento, a filiación, os irmáns, María de Magdala..., a formación intelectual e relixiosa. Asemade, achegamos as claves que informan a mensaxe do Mestre, co anuncio do Reino como premisa fundamental. Finalmente, explicamos as causas que o levaron ao prendemento e á execución na cruz.
Esta obra reúne textos de escritoras modernas y contemporáneas (siglos XIX y XX) en francés, gallego e italiano, acompañados de su traducción al castellano para facilitar la transversalidad de la lectura. Estas tres literaturas pertenecientes al mismo ámbito románico constituyen casos representativos -y complementarios- de la escritura de mujeres ya que nuestra intención es, además, trascender las fronteras lingüísticas y culturales de un modo enriquecedor, de tal manera que ayude a conocer y valorar críticamente lo propio y a apreciar las diferencias más allá del exotismo.
O avó de Marina cóntalle a historia do In-domable, do seu capitán e das súas fillas Nereida, Ondina e Doris. As tres nenas axu-darán ao seu pai cun problema moi, pero que moi gordo...grazas á súa intelixencia, ima-xinación e valentía e vivirán unha aventura extraordinaria.
O desexo de escapar dun mesmo e da grisalla cotiá, de ser outro e de vivir outras vidas, posibles e distintas, é o fío condutor dos dez relatos que compoñen O mellor francés de Barcelona. Neste libro, Bieito Iglesias ofrece un retrato enérxico e irónico da Galicia contemporánea, realizado coas armas da imaxinación, o humor e unha infrecuente riqueza expresiva.
O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que se aos tres meses non se devolve o préstamo, Antonio deberá pagar cunha libra de carne do seu corpo. Porcia non pode escoller marido libremente. Seu defunto pai deixou disposto que ten que casar co pretendente que acerte entre tres cofres (un de ouro, outro de prata e outro de chumbo) cal é o que contén o seu retrato. A historia principal da obra non é a de Antonio, senón a de Basanio, Porcia e os tres cofres. Shylock ten un papel relativamente curto. Non é o personaxe protagonista, mais é a pedra angular da obra, o referente que queda na memoria de lectores e espectadores. Shylock é un personaxe complexo, contraditorio e susceptible de moitas interpretacións. Isa é a razón de que sexa tan atractivo para grandes actores e da popularidade da obra entre os espectadores e lectores ao longo dos...
Escoito a Mozart e comenzo a traducir A peste. Transcribo: "As pragas, nefeito, son cousa corrente, mais dificilmente se cré nas pragas cando vos caen sobor da testa. Houbo no mundo tantas pestes coma guerras. E porén, pestes e guerras pillan sempre á xente igual de desprevenida. Cando estoupa unha guerra, a xente dí: "Isto non vai durar, é demasiado estúpido". E sen dúbida unha guerra é, de certo, demasiado estúpida, mais iso non lle impide durar. A estupidez teima sempre, decataríase ún diso se non se pensase sempre só nún mesmo". EPÍLOGO TRANSITORIO: "CASUS BELLI". Reboraina de Aguiar, madrugada do 25 de xaneiro do 1991. Xosé Manuel Beiras Torrado
O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular. Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos. Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives. En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente “a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego”, e...
Noa y Xabier han perdido sus respectivos caminos. Noa encuentra el de Xabier, y se lo deja escrito en una botella. Xabier encuentra el de Noa y, por eso, le deja frutas en la guantera. Así se inicia un juego de simbolismos, que acaba con este libro y su mensaje. Ahora solo queda una pregunta por hacer: «Eh, tú, ¿juegas?».
Cuando Roque decide seguir los pasos de su amada Sabela, no puede imaginar el viraje inesperado que sufrirá su vida. Sin pretenderlo, se convertirá en el protagonista de un viaje único, donde una nueva realidad se abrirá ante él y donde su racionalidad lógica, como profesor de Filosofía que es, dejará de tener sentido. Una novela intensa, un viaje apasionante, un grito al ser humano para que despierte de su letargo y se convierta en el principal defensor de la Tierra, su planeta, en lugar de seguir siendo su verdugo, y una voz de aliento frente a las miserias del hombre en esa lucha ancestral por el poder económico y la ambición pisoteando lo que haga falta y al precio que sea. Moncho Rouco de la Fuente lleva a gala ser de Costa da Morte. Nació en Ponteceso, entre las frías aguas del río Anllons y Balarés. Desde muy joven, se instaló con su familia en A Coruña y allí pasó su infancia y juventud, en los años sesenta y setenta. Por razones profesionales, tras haber vivido en muchos lugares de la Península, recaló en Tenerife, donde reside desde hace más de treinta años. De profesión arquitecto técnico y constructor. Por momentos, ejerce de articulista en...
A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande. O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un "Latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
Premio García Barros 2012 Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A través dunha precisa engrenaxe de reloxería, o inexorable paso do tempo acompañaranos nunha apaixonante busca que descenderá ata os segredos mellor gardados do universo humano. En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales os lectores inician unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor lle propón a quen le. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantén a intriga e a tensión narrativa de principio a fin, nunha novela que rompe barreiras, animándonos a soñar e a visitar o outro lado da nosa conciencia. Invitándonos a encontrar a liberdade.
Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o día seguinte. A carón do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite. Entre grolos de viño e cuncas de café con chicoria, xurdían as historias máis recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicións, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de rematar pero viva nas lembranzas. Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atención, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaría prender no sono... aínda así ficaron gravadas na nosa memoria. Un día, alá polos catorce ou quince anos, decidín ilas contando nas follas dalgúns cadernos. Levou varios anos a tarefa, xa que non lle dedicaba o tempo suficiente, e ficaron entre durmidas e espertas agardando que algún día as sacase do esquecemento. Como a todo, chegoulle a hora, coa soa intención de revivir...
Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado –analxésico para a dór de moas “autoanémica”– non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da Galiza –nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse. Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira: “a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán”. Non contaba coa incurábel cegueira política celtíbera –análoga, por certo, á das persoaxes da xenial novela do Saramago. “Non nos entenden, non”: esa frase pondalián si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente Xosé Manuel Beiras
Este volumen se centra en el tema de la fraseología y consta de dos apartados. En el primero se exponen cuestiones de morfosintaxis y un balance sobre el estudio de las colocaciones, principalmente del español. La inclusión o exclusión de las colocaciones del ámbito de la fraseología, su potencial sintagmático combinatorio, su uso y frecuencia en el lenguaje jurídico, médico y coloquial, así como su tratamiento lexicográfico, son otros de los aspectos tratados. En el segundo apartado del libro se abordan temas de fraseografía desde una perspectiva teórica y práctica, especialmente en cuanto a las técnicas específicas para la elaboración de diccionarios idiomáticos monolingües y bilingües. Asimismo se muestran los avances en la macro y microestructura de estos diccionarios gracias a la lingüística de corpus.
Premio Lazarillo. 2014 White Ravens. 2015 Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil 2015 Premio Libro do Ano na Gala do Libro Galego 2016 Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo.
Opciones de Descarga